Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2005)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 3 Oct 2005 10:07:09 +0200
Reply-To:     IV CICLO UNIVERSITARIO <ivciclo@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:         IV CICLO UNIVERSITARIO <ivciclo@USC.ES>
Subject:      Información IV Ciclo  Universitario
Comments: To: usc-difusion@listas.usc.es
Content-Type: text/plain; format=flowed; charset="iso-8859-1";
              reply-type=original

----- Original Message ----- From: "IV CICLO UNIVERSITARIO (by way of Antonio Rodriguez Martinez)" <ivciclo@USC.ES> To: <ivciclo@usc.es> Sent: Friday, September 30, 2005 12:13 PM Subject: [USC-DIFUSION] información IV Ciclo Universitario

Estimado/a Compañeiro/a

Póñome en contacto contigo para informarche que ata o 31 de outubro está aberto o prazo de matrícula do "IV Ciclo Universitario. Formación de maiores", que é o programa que a USC oferta, dende o curso académico 1997-98, para as persoas maiores de 50 anos, independentemente do seu nivel de estudos.

Este programa impártese nos dous campus da USC, Lugo e Compostela, e ten unha duración de tres ou cinco anos de clases presenciais, que se poderían continuar coa realización e presentación dun traballo de Investigación.

A docencia vense impartindo de luns a xoves en horario de tarde, tres horas semanais para os alumnos dos tres primeiros anos e de dúas e media para os de cuarto e quinto.

Este tipo de programas estase a desenvolver na meirande parte das universidades españolas, así como en moitas universidades dos países do noso entorno.

A finalidade desta comunicación é a de darvos a coñecer este programa e que pasedes esta información a todas aquelas persoas que puideran estar interesadas neste tipo de actividades académicas, sabendo que o único requisito e ter cumpridos os 50 anos.

Para unha maior información ou para resolver calquera dúbida que tivérades non dubidedes en poñervos en contacto coa Secretaría do IV Ciclo, na ext. 12067; no correo electrónico ivciclo@usc.es, ou na páxina web www.usc.es/ivciclo/.

Esperando que nos axudes a difundir este programa, recibe un cordial saúdo.

Marcelino Agís Villaverde O vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente

Antonio Rodríguez Martínez O director do IV Ciclo


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION