Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2005)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 13 Oct 2005 09:35:13 +0200
Reply-To:     "Secr. xeral USC" <sxeral@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:         "Secr. xeral USC" <sxeral@USC.ES>
Subject:      Noticia de nomeamentos
Comments: To: USC-DIFUSIÓN <usc-difusion@listas.usc.es>
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

Cúmpreme informar á comunidade universitaria da USC dos seguintes nomeamentos:

- A profª Dra. dona Mercedes Brea López foi nomeada presidenta da Comisión da Biblioteca Universitaria, presidenta da Comisión do Arquivo Histórico Universitario e Coordinadora de apoio á investigación nas áreas de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

- O prof. Dr. D. José Luis Labandeira García foi nomeado Coordinador de Infraestructuras de Investigación.

Estes nomeamentos e delegacións asinounos o reitor o pasado 23 de setembro, a proposta do vicerreitor de Investigación e Innovación e de conformidade co artigo 95.2 dos Estatutos da USC e os Regulamentos da Biblioteca Universitaria e do Arquivo Histórico Universitario. A profª Brea López substitúe na dirección da Biblioteca e do Arquivo Histórico á profª Dra. dona Laura E. Sánchez Piñón, quen deixou ditos cargos por razón do seu nomeamento como conselleira de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O prof. Labandeira García engade a súa nova responsabilidade á vicepresidencia da Comisión de Doutoramento da Universidade.

Un cordial saúdo, Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz Secretario xeral


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION