Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2005)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 5 Oct 2005 11:52:48 +0200
Reply-To:     Pardiñas Añon Mª del Carmen
              <MED377@SI.USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:         Pardiñas Añon Mª del Carmen
              <MED377@SI.USC.ES>
Subject:      campaña vacinación gripe
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

> Santiago de Compostela 4 de outubro de 2005 > > Estimado/da señor/ra, > > Seguindo a liña de traballo de anos anteriores, o Servicio de Vixilancia da Saúde da Universidade de Santiago de Compostela está a colaborar co SERGAS na campaña de vacinación da gripe. > > Para que todo o persoal, tanto docente como de administración e servicios e investigadores contratados, que pertenza a algún dos grupos de risco poida acudir a este Servicio, remitímoslle xunto con esta carta unha circular co prazo, horario e enderezo para que lle dea a maior difusión posible. > > > Reciba un atento saúdo, > Mª del Carmen Pardiñas Añón > Directora do Servicio de Vixilancia da Saúde > > > CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL / ANTIPNEUMOCÓCICA 2005 > > > Comunicación para o persoal (PAS, docente e investigadores contratados) da Universidade de Santiago de Compostela > > > Comunicámoslle que se pertence vostede a algún dos grupos de risco que se mencionan ó final deste escrito, e quere poñe-la vacina da gripe ou a antipneumocócica neste Servicio, pode vostede acudir, sen previa cita e sen necesidade de vir sen almorzar, dende o 10 de outubro ata o 12 de decembro, nos enderezos e horarios seguintes: > > Santiago de Compostela: > Servicio de Vixilancia da Saúde > Pavillón Estudiantil - Campus Sur > Horario: 12:00 a 14:00 > > Lugo: > Servicio de Vixilancia da Saúde > Facultade de Veterinaria - Pavillón IV, 3º piso > Horario: 12:00 a 14:00 > > > OBSERVACIÓNS > > -A vacinación debe pospoñerse cando exista unha enfermidade respiratoria aguda e/ou unha manifestación febril. > > > Grupos de risco vacinación antigripal do persoal desta Universidade: > > . Persoas con enfermidades crónicas pulmonares ou cardiovasculares > . Persoas que precisaron revisións médicas regulares ou hospitalización durante o > ano anterior por causa de enfermidades metabólicas crónicas (incluíndo a diabete > mellitus), alteracións renais (nefrite...) hemoglobinopatías ou inmunosupresión > . Mulleres no segundo ou terceiro trimestre do embarazo > . Persoal médico e de enfermería e calquera outro persoal hospitatario > . Persoas expostas a un risco elevado de contaxio pola súa profesión > . Persoas de 65 ou máis anos > > > Grupos de risco vacinación antipneumocócica do persoal desta Universidade: > > Persoas inmunocompetentes > Ata 64 anos con patoloxías crónicas: > . Patoloxía cardiovascular crónica (inclúe a insuficiencia cardíaca conxestiva e a > miocardiopatía) > . Enfermidade pulmonar crónica (incluíndo EPOC e enfisema). A asma non se > considera indicación para esta vacina > . Diabete mellitus > . Alcoholismo e enfermidades hepáticas crónicas (inclúe cirrose) > . Enfermidades que levan consigo perda de líquido cefalorraquídeo > . Esplenectomizados, anemia de células falciformes > > Persoas inmunocomprometidas > . Persoas VIH (+) asintomáticas ou sintomáticas, o máis precozmente posible tralo > diasgnóstico da infección > . Persoas con leucemia, enf. de Hodgkin, linfoma, mieloma múltiple ou outras > neoplasias xeneralizadas > . Persoas con insuficiencia renal crónica ou síndrome nefrótica > . Receptores de transplantes de órganos ou médula ósea > . Persoas que están recibindo terapia inmunosupresora, incluíndo os > corticoesteroides sistémicos de longa duración > En caso de que no curso do tratamento destas patoloxías se considere inica-la > terapia inmunosupresora, esta deberá diferirse alomnenos 15 días trala vacinación. A > vacina deberá atrasarse durante o tratamento con quimioterapia ou radioterapia, xa > que diminúe a súa efectividade. >


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION