Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2005)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Wed, 19 Oct 2005 09:11:53 +0200
Reply-To:   Simón Cameselle José Luis <sei119@SI.USC.ES>
Sender:   "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:   Simón Cameselle José Luis <sei119@SI.USC.ES>
Subject:   Cambio clave antivirus Norman
Content-Type:   text/plain; charset="iso-8859-1"

A partir do día 1 de novembro deixa de funcionar a clave (número de serie) actual do antivirus Norman. A nova clave, que xa está operativa, pode atopala en http://www.usc.es/~seins/software/normanwin.html. Para empezar a funcionar coa nova clave ten que introducila na configuración do Norman:

Ir a ICONA do Norman, situada na parte dereita da barra de tarefas de Windows e con botón dereito seleccionar "Editor Configuración". Aparecerá unha pantalla e nela móstrase a súa clave actual. Mediante "Copiar/Pegar" substitúa a clave antiga pola nova.

Os usuarios de Linux terán que seguir un proceso similar.

Aproveito a ocasión para lles comunicar que o antivirus Norman está tamén dispoñible para os alumnos da USC e que poden instalalo a través da rede sen fíos da Universidade, nesta dirección:

http://www.usc.es/~seins/wifi/normanwin.html se usan Windows http://www.usc.es/~seins/wifi/normanlinux.html se usan Linux

Estas mesmas páxinas están tamén operativas para os profesores da USC que usen a rede sen fíos, sen embargo debo advertir que a clave do Norman que aparece nas páxinas relacionadas coa rede sen fíos é distinta da que aparece nas páxinas tradicionales e só debe ser usada polos alumnos. Os profesores poden instalar o Norman a través da rede sen fíos pero cando se lles pida o número de serie teñen que utilizar o que aparece na páxina:

http://www.usc.es/~seins/software/normanwin.html

Como a esta páxina non se pode acceder desde a rede sen fíos deberían previamente, desde un ordenador de sobremesa conectado á rede da USC, tomar nota da clave e utilizala posteriormente na instalación desde a rede sen fíos.

José L. Simón Cameselle +34.981.56.31.00 - ext. 13027 mailto:simon@usc.es Área TIC Universidade de Santiago de Compostela


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION