Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2005)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:   Mon, 24 Oct 2005 14:10:45 +0200
Reply-To:   Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica <sagrario@USC.ES>
Sender:   "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:   Vicerreitoría de Calidade e Planificación Estratéxica <sagrario@USC.ES>
Subject:   INFORME DA AVALIACIÓN DOS FACTORES DE RISCO PSICOSOCIAIS NA USC
Content-Type:   text/plain; charset="iso-8859-1"

A USC levou a cabo unha avaliación de carácter inicial e xeral dos factores de risco psicosociais. Son factores de risco psicosociais as condicións directamente relacionadas coa organización do traballo, o seu contido, o clima laboral, a participación e a realización da tarefa. Estes factores poden afectar ao benestar e saúde do persoal, así como ao desenvolvemento do traballo, o que motiva a necesidade da súa avaliación para a aplicación das medidas preventivas que procedan. Esta avaliación realizouse aplicando o Método ISTAS21 (CoPsoQ), para o que se puxo a disposición de todo o persoal un cuestionario anónimo de avaliación co que se obtiveron datos estatísticos de exposición aos factores de risco, que foron analizados polo persoal técnico do Servizo de Prevención de Riscos (SPR). Posteriormente, un Grupo de Traballo con representación da Dirección da USC, delegados/as de prevención e SPR elaborou un Informe de avaliación cos resultados obtidos e unha recomendación de medidas de prevención a aplicar. A efectos de información a todo o persoal da USC, o devandito informe está accesible no seguinte enderezo da páxina web do SPR: http://www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/infavapsicoso.pdf

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2005 O Presidente do Comité de Seguridade e Saúde José Sordo Rodríguez


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION