Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Outubro 2004)Voltar á páxina principal de PDI-CCOOSubscribirse ou  abandoar  PDI-CCOO (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 6 Oct 2004 10:32:48 +0200
Reply-To:     CCOO INFORMA <usc@CCOOENSINO.NET>
From:         CCOO INFORMA <usc@CCOOENSINO.NET>
Subject:      Comisión de seguimento do acordo sobre o Plan de Equilib
              rio Financieiro
Comments: To: pdi-ccoo@listas.usc.es
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

Resumo da primeira reunión da Comisión de Seguimento do Convenio asinado entre CC.OO. e U.X.T. para o desenvolvemento do Plan de Equilibrio Financeiro na U.S.C. (22 de Setembro do 2004) Nesta primeira Comisión de Seguimento analizouse polo miúdo a resposta dos diferentes Departamentos da U.S.C. afectados polas transformacións de Profesores Asociados P6 a P3, e deuse o visto bo a maioría das transformacións propostas no Convenio. O Convenio pódese consultar en: http://www.ti.usc.es/webvprof/acordo150704/Acordo_PDI_150704.pdf. As respostas dos Departamentos son bastante heteroxéneas pero maioritariamente inclínanse a aceptar como mal menor á aplicación do Convenio. Os Departamentos asumen a necesidade de someterse a este recorte pero sen renunciar a recupera a adicación dos profesores no futuro e deixando claro que consideran que aínda sendo un mal menor, esto pode influír na capacidade docente-investigadora e que en algún caso particular esta reducción supón unha perda de potencial humano para a Institución. Esta resposta e a que dan nove dos trinta e dous dos Departamentos afectados. Tres Departamentos critican con dureza as medidas a aplicar, e o resto non se pronuncian directamente aceptando con certas dúbidas as reduccións plantexadas. En canto ó segundo punto só comentar que case a totalidade das reduccións plantexadas pasan a ser corroboradas en Xunta de Goberno. As transformacións que caeron da lista, e polo tanto quedan como estaban coa adicación a P6 foron analizadas polo miúdo en función dos argumentos académicos aportados polos Departamentos. Non só estas prazas foron analizadas, senón tamén se revisaron outra vez todas as prazas que se tiñan previsto reducir en función dos criterios argumentados polos Departamentos. Analizáronse tamén diversas situacións de novas baixas por causas diferentes (xubilacións, acollida programa eméritos, baixas voluntarias, etc..). Estas baixas compensan as non transformacións comentadas anteriormente polo que a situación económica segue a estar igual que antes e polo tanto os criterios económicos previstos no Convenio para o primeiro ano séguense a cumprir. As "perdas" de profesorado polas razóns comentadas anteriormente redundaron directamente no mantemento de adicación dos P6 do propio Departamento. Nota: para calquera consulta ou comentario remitilo a: usc@ccooensino.net

-------------------------------------------------- Para darse de baixa en PDI-CCOO, envia unha mensaxe a LISTSERV@SRLISTAS.USC.ES co texto: UNSUBSCRIBE PDI-CCOO --------------------------------------------------


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de PDI-CCOO