Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2004)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Thu, 17 Jun 2004 17:36:20 +0200
Reply-To:     recogare@USC.ES
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:         recogare@USC.ES
Subject:      Sobre logotipo da USC
Comments: To: usc-difusion@listas.usc.es
Content-Type: text/plain; charset=ISO-8859-1

SOBRE A IMAXE CORPORATIVA DA USC

Hai uns días a USC renovou o seu sitio web. Adaptouse así ás pautas de deseño establecidas no Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Institucional. Este Manual foi aprobado polo Consello de Goberno da USC o 22 de decembro de 2003. Dende entón son esas pautas as que debemos respectar todos os membros da comunidade universitaria. Tamén temos que velar porque as respecten aquelas persoas e entidades alleas á nosa institución que deben facer uso dos nosos signos identificativos na produción de carteis, anuncios, etc. Neste sentido queremos lembrarvos que: - O acordado é que só se empregue o logotipo da USC, e a utilización doutros logotipos debe ser autorizada polo Consello de Dirección; as solicitudes se remitirán ao seguinte enderezo electrónico: imaxeusc@usc.es; - normalmente para “usos xerais” só debe empregarse como logotipo noso aquel que vén dado polas siglas da USC con nome completo da nosa institución, sen incluír o sigillum; - resérvase a inclusión no logotipo do sigillum, xunto coas siglas e o nome completo, para os casos de alta representación, que corresponden a cartas, mensaxes, documentos, etc. do reitor, dos vicerreitores, do secretario xeral, do xerente, dos decanos e directores de centros, dos directores de departamentos e institutos universitarios, e outros altos cargos, así como para elementos e documentos que dependan do Consello Social. Pregamos a colaboración para cumprir e facer cumprir o previsto para reforzar a imaxe corporativa da USC. Neste sentido recomendamos que se teña especialmente en conta o Anexo I do Manual de Imaxe Corporativa e Identidade Institucional que se pode consultar no seguinte enderezo web: http://www.usc.es/imaxeusc/. Para calquera dúbida podedes dirixirvos ao seguinte enderezo electrónico: imaxeusc@usc.es.

Agradécevos de antemán a vosa colaboración,

José Luis Falguera López Responsable de Comunicación e do Gabinete do Reitor Colexio San Xerome, Pr. do Obradoiro, s/n 15782 - Santiago de Compostela Tfno.: 981 56 31 00 ext. 11068 Enderezo electrónico: recogare@usc.es


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION