Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Xuño 2004)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 14 Jun 2004 14:21:55 +0200
Reply-To:     Vicerreitorado de Calidade e Planificación Estratéxica
              <sagrario@USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:         Vicerreitorado de Calidade e Planificación Estratéxica
              <sagrario@USC.ES>
Subject:      Procedemento de avaliación de riscos e implantación da
              s medidas de control
Content-Type: multipart/alternative;

En reunión do pasado día 27 de maio someteuse a consulta do Comité de Seguridade e Saúde a modificación do procedemento de avaliación de riscos e implantación das medidas de control, engadíndose ao procedemento dous novos anexos:

§ Anexo 4: Posta en conformidade de equipos de traballo, que determina o xeito en que a USC procederá á comprobación dos equipos de traballo que se están a utilizar, para identificación de posibles características non conformes coa normativa de aplicación e adopción das medidas correctoras que procedan para garantir un traballo en condicións de seguridade e saúde.

§ Anexo 5: Avaliación do risco psicosocial, que recolle as prácticas para identificación e valoración dos factores de risco de tipo psicosocial de orixe laboral: carga mental, contido do traballo, condicións de traballo e a súa realización e o conxunto dos factores de risco laboral que teñen que ver coa organización do traballo e que poden afectar ó benestar e á saúde do persoal.

Como consecuencia desa modificación procédese a unha nova edición do devandito "procedemento de avaliación de riscos e implantación das medidas de control", que pode consultarse na páxina web do Servizo de Prevención de Riscos, no seguinte enderezo: http://www.usc.es/sprl/norma/avriscon.pdf

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2004

O Vicerreitor de Calidade e Planificación Estratéxica

Presidente do Comité de Seguridade e Saúde

Asdo.: José Sordo Rodríguez


[text/html]


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION