Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2003)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Mon, 10 Mar 2003 14:07:06 +0100
Reply-To:     Castro Vázquez Luz <luz@SI.USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:         Castro Vázquez Luz <luz@SI.USC.ES>
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

Con data 28 de febreiro de 2003, a xerencia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), remitiu por correo electrónico unha convocatoria para a celebración de dúas xornadas informátivas relativas á situación do aseguramento dos bens e das persoas pertencentes á comunidade universitaria e de terceiros en xeral. O obxecto destas reunións informátivas é dar conta da situación actual dos seguros que neste momento xa ten contratados a USC relativos as coberturas de "todo risco de danos materiais", "responsabilidade civil" e outras. O interese das xornadas é notable non só para todos aqueles que teñan responsabilidades de goberno e xestión nos distintos centros, departamentos e servicios da USC, senón tamén para tódolos membros da comunidade universitaria en xeral. Reitérolle, xa que logo, a convocatoria da xornada do vindeiro mércores día 12 de marzo e aproveito para comunicarlle o cambio de hora da mesma, que terá lugar na aula magna da Facultade de Farmacia ás 12 horas. Santiago, 10 de marzo de 2003 O XERENTE (p.a.)

Xosé Manuel Villanueva Prieto

SRES. DECANOS E DIRECTORES DE CENTROS, DEPARTAMENTOS E SERVICIOS DA USC E RESPONSABLES DE ASUNTOS ECONÓMICOS DO CAMPUS DE SANTIAGO.


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION