Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Marzo 2002)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Wed, 6 Mar 2002 14:43:46 +0100
Reply-To:     Fernández Zanca Maria <SXR201@SI.USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:         Fernández Zanca Maria <SXR201@SI.USC.ES>
Subject:      RV: Aplicación de actas
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

> Ante as dúbidas plantexadas por alguns profesores sobre certos aspectos do traballo coa aplicación de actas, compre lembrar o seguinte: > > 1.- IMPRESION da lista de alumnos ou acta: > > - Cando, despois dos sucesivos pasos, estamos dentro da lista ou acta, pulsamos o botón "IMPRIMIR", situado na marxe inferior dereita, entre os botóns "Estatísticas" e "Sair". > - Aparecerá unha mensaxe decindo "Rematou a xeración da lista ...". Pulsamos "Aceptar". > - A continuación, pulsamos "Imprimir a lista". > - Pedirá, de novo, o nome de usuario, a contrasinal e o dominio (se non aparecera o "dominio" na petición de datos, poña "USC\" antes do nome de usuario; por exemplo: "USC\trastoy"). > - O resultado final será unha páxina "web" que podemos imprimir directamente ou importar a Word, Excel, ... > > 2.- Cando queremos consultar a lista de alumnos dunha materia, que non está "aberta", a opción é "Consultas - Lista de Alumnos". Nesta opción non importa o estado da acta; sexa o que sexa sempre permite entrar nela, esté pechada, impresa, en UXA, etc. Naturalmente, polo mesmo procedemento descrito no apartado anterior, podemos imprimir a lista correspondente. > > 3.- No botón "Estatísticas", dispoñemos de información numérica e gráfica sobre as cualificacións acadadas na materia que estamos a consultar: porcentaxe de cada cualificación, gráfico de barras e gráfico de "tarta" con todas elas. > > 4.- Dentro, tamén, do botón "Estatísticas", se queremos restrinxir a visualización da lista ós alumnos que acadaron unha cualificación determinada, ou un grupo delas, seleccionamos o tipo de cualificación que desexamos e pulsamos "Consultar"; veremos que a lista queda reducida ós alumnos que obtiveron as cualificacións seleccionadas. De novo, podemos imprimir esta lista restrinxida. Un exemplo claro sería publicar no taboleiro unha lista cos alumnos presentados a exame: seleccionaríamos os tipos de cualificación: "Aprobado, Notable, Sobresaliente, Matrícula de Honra e Suspenso", pulsaríamos "Consultar", despois "Imprimir" e "Imprimir a lista". > > 5.- É importante respetar as datas límite de cumprimentación e peche das actas. Pasado o prazo, a acta queda para o profesor en estado "pechada", e para volver a acceder a ela é preciso solicitar unha autorización especial, que resulta engorroso para todos e retrasa a posibilidade de certificar correctamente o expediente dos alumnos, ou impide a titulación dun alumno especialmente necesitado por mor dunha posibilidade laboral ou cumprimentación de requisitos para unha bolsa ou axuda. > > 5.- Poden dirixir as súas consultas sobre estos asuntos á dirección de correo electrónico: > > jtrastoy@si.usc.es > > > Un saúdo: > > JUAN TRASTOY > Servicios Informáticos USC >


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION