Mensaxe anterior Mensaxe posterior Mensaxe anterior  co mesmo temaMensaxe posterior  co mesmo temaMensaxe anterior  do mesmo autorMensaxe posterior  do mesmo autorPáxina anterior (Setembro 2000)Voltar á páxina principal de USC-DIFUSIONSubscribirse ou  abandoar  USC-DIFUSION (ou cambiar configuración)RespostarEnviar nova mensaxeBuscarTipo de letra proporcionalTipo de letra no proporcional
Date:         Tue, 19 Sep 2000 13:29:18 +0200
Reply-To:     Lopez Díaz Antonio <vccordes@SI.USC.ES>
Sender:       "Difusión xeral a toda a USC." <USC-DIFUSION@SRLISTAS.USC.ES>
From:         Lopez Díaz Antonio <vccordes@SI.USC.ES>
Content-Type: text/plain; charset="iso-8859-1"

Unha vez máis, diríxome a Vde. co fin de comunicarlle algunhas incidencias, derivadas da aplicación da Lei 40/1998 do 9 de decembro do imposto sobre a renda das persoas físicas e outras normas tributarias, que poderían afectarlle.

Durante os vindeiros meses do ano no que andamos, o Servicio de Xestión de Persoal vai proceder á regularización dos tipos de IRPF, tendo en conta para o cálculo da base impoñible aquelas cantidades que o persoal da USC percibíu durante o ano 2000 en concepto de asistencias e participación en tribunais, traballos por colaboración en cursos e masters, colaboracións en proxectos de investigación, etc, polo que os tipos a aplicar durante os meses restantes do ano poderían verse incrementados.

Aproveito a ocasión para recordarlle que a devandita regularización incluirá tamén a aqueles traballadores que sufriron modificacións nos seus contratos de traballos (prórroga do contrato, cambio na data de finalización do mesmo,..) ou que asinaron novos contratos coa USC.

Santiago, 15 de Setembro de 2000

A XERENTA

Ana C. Fernández Pulpeiro


Ir a: Principio da mensaxe | Páxina anterior | Páxina principal de USC-DIFUSION